Tirar aceite polo fregadeiro, contamina

Tirar aceite polo fregadeiro, contamina

19 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes pon en marcha unha nova campaña de sensibilización de reciclado de aceite usado de cociña que leva por título “Tirar aceite polo fregadeiro contamina”. A campaña consistirá en difundir a través da radio municipal diferentes mensaxes cos que se darán a coñecer os beneficios ambientais que a reciclaxe deste residuo supón, xa que, tal e como explicaron dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello d

Ademais tamén se lembrará aos veciños as ubicacións dos contenedores existentes para tal fin na vila. No momento actual hai seis ubicacións destes contenedores, dous están na avenida de Alfonso Senra, un á altura do Concello e o outro á altura do número 43. Outro contenedor está instalado na rúa Recreo nº 34, outro na rúa da Feira ao lado da Escola de Música, outro na rúa Pascual Veiga nº 1 e por último, outro dos contenedores está instalado na rúa do Muiño ao lado da piscina municipal tamén no campo da feira.

Sociedade