Tito Dopico volve adestrar ao Perlío

Tito Dopico volve adestrar ao Perlío

20 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O adestrador, que xa dirixiu ao equipo noutras campañas, volve facerse cargo do conxunto de Segunda Autonómica. Ademais, o Perlío prepárase para esta tempada con diferentes encontros amistosos. O vindeiro sábado xogarán en Ares contra o Numancia, nunha pretemporada condicionada polas obras de instalación do céspede artificial no campo dos Pinares.

Os adestramentos non se están desenvolvendo nas mellores condicións debido a esas obras que se están a levar a cabo no campo do equipo. Aínda así, iso non impide que o equipo teña gañas de pelexar por rematar ben esta pretemporada e comezar ben a competición. O adestrador do Perlío, Tito Dopico dixo esta mañá, nunha conversa con Radiofusión, que os xogadores están con ganas e que o obxectivo para o curso 2009-2010 é acadar a mellor posición posible na táboa, aínda que "a liga nos póñerá onde nos teña que poñer". 
Tamén falou das novas fichaxes do equipo. Trátase de Iván, Camilo e Pena, tres xogadores que voltan ao Perlío despois das súas andainas por outros clubs. "Xa se coñecen e teñen claros os obxectivos do equipo", dicía o técnico. 
Poderemos volver a ver a estes xogadores xunto co resto do plantel do Perlío no partido do próximo sábado en Ares. 
O comezo da liga para o conxunto producirase o 6 de setembro, nun encontro co Meirás.  

Deportes