Tocoulles a lotería

Tres persoas fixéronse cos vales de compra no comercio local de Fene
05 de Decembro, 2019 - 12:54 h. | Publicada por Radio Fene

O comercio local de Fene englobado na asociación O Cruceiro entregou esta mañá vales de compra nos establecementos asociados por valor de 900 euros.

O alcalde, Gumersindo Galego; o concelleiro de Promoción Económica, Juan José Franco, e o presidente da Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos “O Cruceiro” de Fene, Juan Ramos, entregaron esta mañá os vales de compra que se sortearon hai dous dias no marco do XII Concurso de Tapas aos afortunados. O acto celebrouse no salón de plenos da casa consistorial e entregaronse en conxunto, 900 euros. Sunny Caldevilla, veciña de Fene, recibía vales para mercar no comercio local por valor de 100 euros; Elisa Miraz Loureiro, de Ferrol, resultaba agraciada con vales por valor de 200 euros e, José Cernerero, tamén de Fene, facíase cos vales por valor de 600 euros.

(Na imaxe, unha das agraciadas, Sunny Caldevilla)

Institucional

Publica o teu comentario agora