A toda marcha, A Todo Filispín

A toda marcha, A Todo Filispín

24 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Parque Raíña Sofía acolle mañá o VI Festival "A Todo Filispín 2009". A partir das dez da noite comezará o concerto no que participarán catro grupos de rock e pop. O evento musical conta cos patrocinios da Concellería de Cultura de Ferrol, Concello de Ferrol- Festas e da sala Run Rum .

O festival “A Todo Filispín” volta así ao seu espazo natural, o parque Raíña Sofía, cun elenco artístico variado, de calidade e para todo tipo de público.
 

O grupo de rock Decadent Daughters será o primeiro en saltar ao escenario. A banda formouse  nun decadente, gris e sucio Ferrol tras a ruptura da banda adolescente de sleaze Strütter que rematara a súa xira  por Inglaterra en novembro de 2007.

Ás dez e vinte tócalle o turno  a banda de country- rock, Los Eternos. A banda  concíbense en Setembro de 2003, coma un proxecto baseado no mais simple, disfrutar tocando Rock & Roll. A banda está formada por Chewis e Cudi ás guitarras, Torres ao baixo e voz e Oscar á batería. Todos eles cunha longa lista de antecedentes noutras formacions musicais (Rock-a-Hulas, Os Maruxa, Bang74, Studebakers, Blind River, etc.).
 

A música power pop dos "Lula" actuarán ás once e dez. O novo grupo de Patrizia Escoin, a ex cantante dos Romeos, é un power-trío de esencia pop que mestura con maestría as melodías pop de regusto nuevaoleiro (Blondie, Bangles) coa rudeza de guitarras ao PJ Harvey ou Johnny Thunders e unhas letras personáis e crudas. 

O soul e o rhythm’n blues  de Los Reyes del K.O. soará a partir das doce e media da noite pechando así os concertos. O prezo da entrada é de 6 euros. Pódense adquirir na Sala Run Run na Rúa Real ou no Bar Peirao de Cedeira. O día do concerto valerán 10 euros. VI festival “ A todo Filispín 2009” mañá martes día 25 de agosto no parque Raíña Sofía. " 

Sociedade