Todas contra o cancro

Todas contra o cancro

19 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A asociación oncohematolóxica Por + vida (Fene- A Coruña) celebrou o Día Mundial contra o cancro de mama no CMI Unidade de Fene cun acto reivindicativo e festivo a un tempo. Comenzou cun repaso ilustrado con fotografías dos seis anos de experiencia desde que no ano 2008 un grupo de mulleres, coa enfermidade ou co cancro xa superado, comezaron unha experiencia deportiva para mellorar a súa calidade de vida, baixo as directrices do licenciado en INEF, José Anto

Presidiron o acto celebrado onte, a presidenta, Rosa Graña e a secretaria, Mónica Fernandez, xunto a outras directivas da entidade nunha mesa adornada cos trofeos acadados na última Carreira da Muller na cidade da Coruña. O momento máis emotivo foi cando na pantalla saían os nomes das mulleres da asociación que non superaron a enfermidade. O momento máis reivindicativo, a lectura do Manifesto que se leu este ano en moitas cidades, un manifesto que reclama un maior investimento en investigación da enfermidade, rexeita as listas de espera e reclama a gratuidade dos medicamentos para o cancro como para as enfermidades crónicas.

A actuación do grupo " Parranda la nuestra" puxo o broche de ouro ao acto no que encontraron unhas 90 persoas. 

Sociedade