Todas temos un pouco de lider

Todas temos un pouco de lider
08 de Febreiro, 2021 - 09:32 h. | Publicada por Radio Culleredo

Todas temos un pouco de líder, por iso conseguimos estar tan arriba, afirma a xogadora do Victoria Laura Cetina. Estar en boca de moitos equipos é unha fachenda, afirma a xogadora despois de recibir ofertas do Juventus de Italia. Con 16 anos é a xoia da coroa do Victoria. Recibiu unha bolsa para estudar e xogar a vindeira tempada nos Estados Unidos. Afronta ese reto cun pouco de medo e moitas gañas. Cinco goles en dez partidos é o balanzo de Laura nesta tempada.

ESCOITA O PODCAST:
Laura Cetina. Fotografía: Carlos Castro

Laura Cetina é unha das xogadoras galegas máis importantes da Primeira Nacional do futebol feminino. O seu equipo, Victoria C.F. da Coruña, está sendo a revelación. A medio-centro ofensiva, eclosionando no comezo da súa carreira (en marzo cumprirá 17 anos), estivo no primeiro programa de “In The Corner” respondendo ás nosas preguntas e algunhas consideracións, algunha ben simpática, do seu pai, da súa técnica, Cris Oreiro, e da súa ex compañeira de equipo, Tomy. Laura falounos de por que preferiu ficar no conxunto herculino rexeitando unha oferta da Juventus italiana. A xogadora comentou que o seu cambio ascendente nestes anos é normal grazas aos adestradores e ao Victoria en xeral”. En canto ao seu futuro inmediato, na Liga Universitaria dos Estados Unidos, onde xogará a partir da próxima temporada, a coruñesa manifestou que “é unha oportunidade que calquera persoa querería ter, afróntoa con moitas ganas, un pouco de medo, porque é a primeira vez que saio da casa, pero vou a facer algo me gusta, como xogar ao fútbol, e a complementalo cos estudos”, salientou. Igualmente, entende que os tres equipos que estarán na fase de clasificación para a fase de ascenso serán o Victoria, o Interrías e que a cuarta praza será disputada polo Deportivo B e o Victoria de Santiago.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora