Todo é factible

Todo é factible
03 de Decembro, 2019 - 10:54 h. | Publicada por Radio Fene

Todo é factible afirma a voceira do PSOE de Fene sobre a posible presentación dunha moción de censura. Para Mar Piñeiro, a condena do alcalde por un delito de seguridade vial, é incompatible coa exemplaridade que se lle ten que esixir a un cargo público. Os socialistas debaterán as alternativas nunha asemblea extraordinaria do PSOE local que se convocará proximamente.

ESCOITA O PODCAST:
Mar Piñeiro, concelleira do PSOE de Fene

As condicións para un acordo entre o PSOE e o BNG, están por debater, segundo a representante socialista Mar Piñeiro. O PSOE presenta para o pleno da Corporación deste xoves unha moción para a reprobación do equipo de goberno. A iniciativa xa figura incluída na orde do dia da sesión. Forman a Corporación de Fene 6 concelleiros do PP, 6 do BNG, 4 do PSOE e 1 de EU.

Seguro que che interesa
Institucional

Publica o teu comentario agora