Todo empezou na feira de Lestedo

Todo empezou na feira de Lestedo

21 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A gaita protagoniza este sabado 25 o escenario de Agarimo na homenaxe ao gaiteiro Raul Galego, dentro da Xuntanza de gaiteiros, organizada pola Banda de Gaitas tradicional “Airiños de Fene”. Coñecimos onte ao homenaxeado e hoxe  a outro dos grupos convidados, A gaita de Sarandón, a través dun dos seus fundadores, o requinteiro do Ulla, Xosé Alvela Canicoba, máis coñecido por Pepe de Nande, quen nos acompañou esta mañ&aacute

Gaitas, percusión e duas requintas completan o grupo. As requintas son as de Marcelino e Pepe de Nande, dous amigos de infancia que aprenderon sós o manexo deste instrumento, cando a nai de Pepe lle comprou un pínfano na feira. Corrían os anos 50 e Marcelino e máis Pepe levaban as vacas a pastar, mentras mataban o tempo tocando.

Foi nos anos 90 cando o médico do povo reúne a varios rapaces para formar un grupo de gaitas cando chaman aos dous músicos para que lles amosen a requinta que tiveron que desempoar. E despois naceu o grupo A gaita de Sarandón, nome da aldea de San Miguel de Sarandón.

Xosé Alvela ou Pepe de Nande, so ten eloxios para Raul Galego, o homenaxeado nesta Xuntanza. Dí del que era un bo compañeiro, un gran gaiteiro e unha boa persoa.

Sociedade