Todo está aberto para a volta

Galicia de Caranza 3- Cultural Maniños 1 na ida das semifinais da Copa feminina
22 de Maio, 2019 - 12:14 h. | Publicada por Radio Fene

A volta da Copa feminina xógase o domingo 2 de xuño. No medio, o domingo 26 pola mañá dispútase en Caranza a Copa Provincial feminina, na que compiten as mulleres do Cultural Maniños.

ESCOITA O PODCAST:

Galicia de Caranza 3- Cultural Maniños 1. É o resultado do partido de ida nas semifinais da Copa de futbol8 feminino, xogado en Caranza. Noutro campo xogabase o outro encontro de semifinais, que acabou en empate cun Rosalía 2- Capela 2. O Maniños non logrou a victoria pero si un gol que vale moito para encarar a volta en casa, no campo do Pote o domingo 2 de xuño. O rival era complicado, coas campioas de liga nada menos.

O encontro de ida

Os primeiros minutos discurriron con moito respeto mútuo. Logo o Caranza foi mellor e o Maniños botouse atrás agardando unha contra. Antes do descanso marcaron as ferrolás o primeiro tanto. Apenas reanudado o segundo tempo, o Caranza fai o 2-0. A partir daí o Maniños refíxose marcando pronto o 2-1 nunha boa xogada combinativa que lles deu confianza. Na última parte xogaron mellor as fenesas con tres ou catro ocasións que non quixeron entrar. Semellaba que se achegaba o empate pero caeu o 3-1 definitivo.

A volta está totalmente aberta

Aínda con esa vantaxe das ferrolás, o equipo do Pote e o seu técnico, Carlos Gómez, cren que a volta está totalmente aberta, tanto como a do Capela- Rosalía. Xogarase no Pote o domingo 2 de xuño. Daí sairán as finalistas.

Copa provincial

No medio, o domingo 26 de maio xógase a Copa provincial nos campos do Galicia de Caranza. Todos os encontros xóganse ao longo da mañá, con 20 minutos de duración cada parte. O Maniños enfrentase en primeira instancia ao Victoria D, primeiras clasificadas de Santiago de Compostela. Este partido comenza ás 10,30h. As semifinais xogaranse ás 11,30h e a final está prevista para as 12,45h.

Deportes

Publica o teu comentario agora