Todo listo en Allariz para o Entroido 2010

Todo listo en Allariz para o Entroido 2010

02 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Allariz acollerá do luns 15 ao 17 de febreiro a tradicional Festa do Entroido que coma todos os anos conta cunha programación chea de actividades para todos, pequenos e maiores. O luns 15 celebrarase a festa infantil a partir das 17:00h na Praza de Abastos. Todos os nenos e nenas poderán celebrar con xogos o ciclo do entroido, dende o fareleiro ata o s

Para despedir o Entroido, o mércores 17 ás 20:00h da tarde na Praza maior terá lugar o habitual Pranto de entroido. Queimarase o meco no Campo dos Brancos (detrás da Casa da Cultura) dicindo adeus ao Entroido 2010. De xeito complementario estanse a celebrar no Centro de ensino Padre Feijóo os obradoiros de compadres e comadres para que os nenos e nenas coñezan as raíces do noso Entroido.

Concurso de Comparsas

Como todos os anos as comparsas que desexen participar no concurso teñen que inscribirse na Casa da Cultura antes do 12 de febreiro.

Cachuchada

O Concello de Allariz participa coa Asociación Xan de Arzúa para celebrar a Cachuchada 2010. Por 10€ as persoas que asistan o luns 15 a partir das 21:30h ao Campo da Barreira poderá degustar o cocido típico da nosa terra acompañado con bica e licor café e boa música de entroido coa Charanga Apeles.

Para asistir a este evento é preciso mercar os bonos antes do 13 de febreiro, dispoñibles en varios establecementos hostaleiros da vila.

Sociedade