Todo polo medio ambiente

O colexio permanecerá aberto o sabado entre as 10 e as 14 horas.
11 de Decembro, 2019 - 09:53 h. | Publicada por Radio Fene

Un mercado de Nadal promove o colexio Jorge Juan de Perlío o sábado 14 de decembro. Celebrarase tamén unha carreira solidaria. O que recaden irá parar a organizacións de defensa do medio ambiente.

ESCOITA O PODCAST:

O colexio Jorge Juan de Perlío organiza o mercadiño navideño e a carreira solidaria este sábado catorce de decembro. No primeiro haberá xoguetes, bixutería, plantas, maquillaxe, bazar, comida e obradoiros de globoflexia. Na carreira tomarán a saída de momento 200 persoas. Como entidades beneficiarias da recadación deste ano, figuran Green Peace, a Sociedade Galega de Historia Natural e a Fundación Galicia Ambiental.

A profesora do centro escolar, Cristina Rodríguez, explica que o destino da recadación irá parar ás entidades que defenden o medio ambiente. Os cartos sairán dos produtos que porán á venda no mercadiño que se instalará no interior do pavillón polideportivo, e no que traballa o colexio desde hai dias, segundo nos indica a aluna de 1º da ESO, Rebeca León. Contan coa colaboración de diferentes establecementos da parroquia de Fene, como o Arrecendo ou o Eroski, veciños do centro escolar.

O escenario da Jorge Juan o sábado 14 completarase cunha exposición de obras de arte realizadas polo alumnado con residuos plásticos, obras que se venderán tamén no mercadiño. Haberá tamén un inchable, postos de comida, obradoiros de robótica, reciclaxe e maquillaxe, ou exhibicións como o baile que se marcará outra aluna do centro, Claudia Paredes. O dorsal da carreira, na que pode participar todo o mundo, custa 1 euro. O centro abrirá as portas de par en par convidando ás familias e veciñanza a participar desde as 10 da mañá ata as 14:00 horas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora