Todo preparado para a carreira popular de Negreira

Todo preparado para a carreira popular de Negreira

08 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Este domingo 8 de novembro a Carreira Popular de Negreira cumpre 30 anos, e para celebralo, Radio Negreira, en colaboración con Radio Fusión, a rede de emisoras municipais galegas, retrasmitirán a proba deportiva cun programa especial en directo dende ás 11 horas, grazas ó apoio do Concello de Negreira, Deputación de A Coruña, e máis dunha trintena de firmas comerciais de Negreira.

 

A proba será narrada pola xornalista Helena Dopico, e os comentarios técnicos de José Manuel García Estévez, coordinador da Escola Municipal de Atletismo de Negreira, e gran coñecedor da Carreira Popular, apoiados coas intervencións de Emilio Forján, a pe do percorrido.

Ademáis de por Radio Negreira 107.0 da FM, e o conxunto das doce emisoras de radio municipais espalladas polas catro provincias galegas que conforman a rede de Radio Fusión, a Carreira Popular poderase seguir por Internet, na emisión on line de Radio Negreira, aquí na web municipal. Tamén estará presente no sistema de megafonía da proba.

No puramente deportivo, cabe sinalar ca o número de participantes inscritos na Carreira rebasa os 1.500 atletas da pasada edición, nas tres probas ca conforman con saída dende a Casa do Concello, e meta situada na rúa de Castelao:

1ª CARREIRA: Infantís; Cadetes e Xuvenís. 10:45 horas. (4.500 metros)

2ª CARREIRA: Benxamíns e Alevíns. 10:50 horas.(1.000 metros)

3ª CARREIRA:Xunior;Promesa;Senior e Veteranos.11:30 horas. (10.000 metros)
 
Na carreira principal están en xogo os 1.000 euros de premio en metálico para o primeiro home, e a primeira muller que cheguen á liña de meta do Coto. Os dous grandes favoritos no apartado masculino son os kenianos Peter Kirui, cunha marca persoal de 23:03 nos 10.000 metros, e Barnaba Sigei, cunha marca de 28:46, primeiro e segundo, respectivamente, na recente 32 edición da Carreira Pedestre Camiño de Santiago, caéndose a última hora o seu compatriota Elías Yator.

Na pasada edición o gañador da proba, o tamén keniano Titus Massai (29.49) quitoulle 13 segundos ao seu compatriota Samson Cherop, segundo cun tempo de 30.02, mentras ca terceiro foi o tamén keniano David Kilel, a grande decepción tras gañarlle aos dous primeiros en Santiago.

Hai que engadirlle aos tamén africanos Goitom Rifle, Merhawi Tadesde, Kiflom Sium, así como os marroquís fincados en Galicia, Akka Essadaqui e Hasan Leikili, ademais do portugués Tiago Costa, sexto en Santiago.

Entre os atletas galegos inscritos figuran Rubén Castro Portela, duodécimo en Santiago, ou Juan Pablo Fernández, mentres ca o arzúan Lolo Penas non participará na proba por coincidir cunha proba internacional para funcionarios de prisións que se celebra en Dublín.

No apartado local, Luis Calvo Castro aspira a quedar novamente entre os dez primeiros, despois do noveno posto do 2008 cun tempo de 32.38, a unha media de 3.16 por quilómetro, e incluso mellorar esa marca ata un sétimo posto coma en 2006, a mellor clasificación dun corredor de Negreira na historia da Carreira.

Pola súa banda, Jorge Crespo Arias, posto 21 en 2008 cun tempo de 34.28, a unha media de 3:27, chega coas ilusións postas en escalar postos.

En mulleres, destacan a africana Nazareth Weldu, ou as portuguesas Leonor Carneiro e Ercilia Machado.

Deportes