Todo sacrificio ten o seu beneficio

Todo sacrificio ten o seu beneficio
26 de Febreiro, 2019 - 09:09 h. | Publicada por Radio Fene

Grazas aos meus familiares e aos técnicos do Parrulo Ferrol por darme todas as facilidades para xogar ao fútbol sala. Todo sacrificio ten o seu beneficio e para min é un orgullo poder vestir a camisola do combinado nacional. Quen fala así é Adrián Martinez Tornín que esta tarde xoga coa selección española sub 17 de fútbol sala en Mallorca.

ESCOITA O PODCAST:
Adrián Martínez Tornín coa camisola da selección galega cadete de fútbol sala

O xove de Fene Adrián Martinez Tornín defende esta tarde a portería da selección española sub 17 de fútbol sala.  Xogará en dous encontros amistosos contra Portugal. Esta tarde en Calviá e mañá mércores 27 en Capdepera, duas localidades da illa de Mallorca. Adrián é porteiro do Parrulo na categoria cadete. O equipo xoga na Liga Galega encabezando neste momento a clasificación. Participou a semana pasada na fase final do campionato de España de seleccións autonómicas en Madrid. Agora o seleccionador Albert Canillas chamouno para unha concentración que se prolongará ata o xoves desta semana. Antes de xogar no Parrulo, Adrián Martinez Tornín xogou nas categorias de base do Perlío.

Deportes

Publica o teu comentario agora