Todos contentos da reunión AFACO-Arbitros

Todos contentos da reunión AFACO-Arbitros

04 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Boas sensacións e contentos co resultado da reunión entre os clubs e os dirixentes do Comité de Arbitros. Asi se expresaron en Radiofusión o presidente de AFACO Carlos Janeiro e o vicepresidente da entidade Manuel Mesa. Ámbolos dous resaltaron o interese en solucionar os problemas de todas as partes. Asistiu á xuntanza o secretario xeral da Federación Galega de Fútbol Diego Batalla. Sobre os trios arbitrais, os dirixentes do Comité compromet&eac

Tamén se tratou na reunión o polémico tema da formación de árbitros. O secretario xeral da Federación Diego Batalla apuntou  a inquedanza coa intención de tratalo no seno da federación. Hai duas alternativas. Por un lado que a Federación se faga cargo do 50% do coste da formación ou que se establezca un periodo de prácticas para aqueles arbitros noveis. Tamén se tratou o tema dos arbitros-adestradores. Os dirixentes do Comité están en contra desta figura do arbitro-adestrador pero tamén comprenden que a normativa favorece a presenza desta figura. Ao final diálogo fluído entre as partes e AFACO á espera dos movementos da propia Federación Galega e do propio Comité de Arbitros.

Deportes