Todos e todas somos culpables! 

Todos e todas somos culpables! 

05 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Boa música, ricas viandas e moita festa encheron a tarde-noite de onte a Praza Vella, na zona do porto de Ferrol. Co gallo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente que se conmemora nesta xornada, o comité cidadán de emerxencia para a ría de Ferrol organizou un festival musical solidario en apoio dos 60 mariscadores imputados por evitar a entrada do primeiro gaseiro a Reganosa no 2007. Algúns dos mellores grupos galegos de rock arrufaron o concerto, com

“Todos paramos o Galicia Spirit”.  Baixo este lema a cidadanía de Ferrolterra concentrouse nun acto festivo con carácter reivindicativo a prol dos 60 mariscadores imputados por impedir a entrada a Reganosa deste buque. O comité cidadán de emerxencia vén de presentar, o pasado martes, un documento de autoinculpación dirixido á fiscalía xa que como explicou un dos seus membros, Manuel Rodríguez Carballeira, “nós fumos os que convocamos á sociedade para impedir a entrada do gaseiro”. Asemade agradeceu a participación desinteresada das bandas musicais e destacou que arredor de 40 grupos quixeron sumarse ao evento, algo inviable ao tratarse dun festival dun só día.
 
“Non nos teñen que agradecer nada, somos nós os que temos que estar agradecidos por estar aquí”, declarou a Radio Fene a voz da banda Zénzar, Xosé Bocixa. O rockeiro destacou que é de xustiza defender causas como as dos mariscadores.
 
O grupo de Cerceda síntese involucrado nesta loita xa que arrastran problemas semellantes na súa zona, o problema das Encrobas ou a mina desta localidade coruñesa. Asemade, Bocixa autoinculpouse, xa que él tamén estivo en contra da entrada do Galicia Spirit. “É importante o movemento social en contra destas aberracións e as protestas débense facer con festa”, engadiu.

Sociedade