Todos os políticos son iguais?

Xosé Leira e Antón Baamonde responden a esta pregunta
24 de Maio, 2019 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

É moi habitual escoitar á xente decir que todos os políticos son iguais. Falamos cun sociólogo e un filósofo sobre a importancia das eleccións do domingo.

ESCOITA O PODCAST:

Todos os políticos son iguais? O escritor e filósofo Antón Baamonde conclue categoricamente que non. Os programas das diferentes formacións políticas teñen efectos distintos na cidadanía. Hai xente moi honorable en todos os partidos, ainda que o filósofo fai unha interpretación dos resultados das eleccións xerais do pasado mes de abril: Para él, o PSOE tivo éxito porque prometeu tranquilidade, fronte a unha dereita en actitude levantisca que xenera inquietude e parece ter gañas de lío, de conflicto.

Tamén o sociólogo e profesor da Universidade da Coruña Xosé Leira coincide nas distintas posicións políticas: “Hai quen traballa para a elite e quen o fai para a xente do común, hai alcaldes máis atentos á participación cidadán, á criación de emprego e ás vivendas dignas”.

O dereito a voto que non nolo quite ninguén.

Xosé Leira lembra que tanto as eleccións municipais como as europeas son politicamente moi importantes para a xente. Para a rapazada, para a terceira edade, para a xente que non ten un salario digno. Tanto Xosé Leira como Antón Baamonde coinciden na importancia da participación este domingo. O que diga que é politicamente neutral, minte, conclue o sociólogo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora