Todos os recendos e sabores do mar

Todos os recendos e sabores do mar
19 de Agosto, 2019 - 08:29 h. | Publicada por Radio Burela

Aínda que moi abundante, é tan sabedeiro coma se fose ben raro. Falamos do berberecho, croque, carneirolo, chícaro. Molusco bivalvo de dúas cunchas estriadas de pequeno tamaño. Nun cativo croque gárdanse todos os recendos e sabores do mar.

Berberechos

O berberecho, de delicada textura, ten un intenso sabor a mar que algúns combinan cunha gota de limón ou incluso cun po de pementa. Os croques combinan moi ben e transfiren o seu sabor a outros alimentos. Abertos ao vapor cun aire de limón ou un grolo de albariño, en sopas de marisco, en tortilla con ovos pouco callados, na empanada de millo, en paella mixta de croques con pito en anacos e pementos encarnados, son exquisitos.
Dentro dunha marisqueira, choraba o berberechiño,
Porque era tan grande a vieira, e el era tan pequeniño.

Sociedade

Publica o teu comentario agora