Todos somos furtivos

Todos somos furtivos

25 de Abril, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Participou en Heredeiros da Crus con quen actualmente segue en activo. Continua tamén soñando con Jabón Blue. Agora Javi Maneiro saca o seu primeiro album como solista “Furtivos” despois dunha exitosa campaña de crowfunding. “Rock sucio e contundente” segundo a definición do músico.

“Para solucionar os problemas hai que recoñecer primeiro a realidade, e aquí todos somos furtivos” afirma con retranca Maneiro.  Unha proposta contundente e enérxica que recupera a esencia do rock. Javi Maneiro presenta “Furtivos” este sábado 29 na sala Capitol de Santiago de Compostela. Tamén actuará o 5 de maio en Vigo, o 6 de maio na Coruña e o 10 de xuño nun festival solidario en Noia.

Sociedade