Todos a unha, na defensa da Escola de Limodre

Todos a unha, na defensa da Escola de Limodre

26 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación de veciños de Limodre e os pais dos alumnos-as da escola desta parroquia fenesa, iniciaron diferentes trámites para evitar o peche da unitaria. Os pais e nais dos alumnos asinaron un documento no que se insta á Xunta de Galicia que se manteñan as instalacións en funcionamento, xa que para o vindeiro curso están previstas 9 matriculas, cando o mínimo estipulado pola Xunta son 5. Pola súa banda a Asociación de veciños

O presidente da entidade veciñal, Xesús Vello, como propietaria das instalacións, está disposto a dialogar coa Xunta para solucionar o problema. Engaden ademais, que agardan que a decisión de pechar a escola de Limodre fose unha equivocación da Consellería e que todo continúe como ata o momento. Tamén o concello de Fene enviou unha nota ao Goberno Galego co obxectivo de que o colexio non peche. Pola súa banda, o BNG de Fene tamén amosa o seu apoio ós pais e nais do alumnado do centro e insta ó Partido Popular de Fene a que se pronuncie sobre a decisión tomada polo seu goberno amigo. O BNG solicitou hoxe a convocatoria urxente do Consello Escolar Municipal para acadar unha postura común e coñecer de paso se o concello arranxou todas as necesidades dos diferentes centros de ensino, diante do inminente inicio do novo curso.

Sociedade