Tolo polo cine

Tolo polo cine

25 de Outubro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A familia do profesor do Colexio Jorge Juan de Perlío, José Luís Sánchez Vázquez, acolleu orgullosa a homenaxe de agradecemento que o concello de Fene lle rendíu onte na Casa da Cultura. Un modesto agradecemento, afirmou a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, a cambio da xenerosa doazón que el deixou a Fene. O alcalde entregoulle á irmá de José Luís, Mercedes Sánchez, un agasallo como símbolo de a

Amigos e veciños da familia asistiron ao descubrimento dunha placa co nome de José Luís Sanchez, nas instalacións da Biblioteca Municipal. Un espacio que leva o seu nome e acolle as películas e libros doados. A irmá do profesor José Luís Sanchez, declarou a Radio Fene que a decisión tomóuna a familia. A biblioteca fenesa está aínda catalogando o material pero xa se pode apreciar no que está colocado e disposto para préstamo, a calidade e variedade cinematográfica de José Luís, un home alegre e moi bon profesor, segundo palabras da sua irmá. O Dia da Biblioteca acolleu en Fene esta homenaxe e a proxección de tres peliculas protagonizadas por Marilyn Monroe, no seu 50 cabodano, e que forman parte do legado de José Luís Sanchez que alcanza os 17.000 títulos. O profesor faleceu hai agora 4 anos.

 

Sociedade