Tomamos medidas contra o enemigo invisible

Tomamos medidas contra o enemigo invisible
27 de Marzo, 2020 - 11:07 h. | Publicada por Radio Fene

A farmacia de Barallobre agotou todos os productos relacionados directamente co coronavirus, desde os termómetros ata o alcohol. Beatriz García veu como aumentou a clientela nos comezos do período de alarma sanitaria.

ESCOITA O PODCAST:

“A xente sabe o que hai e respecta as normas” declara a farmacéutica de Barallobre, Beatriz García Rivas, quen recoñece que experimentou unha maior afluencia de clientes durante a alarma sanitaria, mesmo persoas non habituais. Destaca tamén deste periodo de crise que moitos produtos se teñan agotado na súa oficina, como é o caso dos termómetros, o alcohol, máscaras, luvas e xeles hidroalcohólicos.

A farmacia de Barallobre dotouse de medidas especiais anticontaxio, de maneira que un xel agarda polos clientes na porta que se mantén aberta para evitar manipular a manilla que se lava continuamente con lixivia, o mesmo que o mostrador. Sobre el instalou unas mamparas de protección entre clientes e personal da botica para “preservarnos do enemigo invisible” como o denomina García Rivas. O personal viste unha bata especial por enriba da súa habitual bata branca.

“A xente non fai preguntas, xa sabe todo o que hai que saber” sentencia a farmaceútica quen, aínda así, recalca o lavado de mans a cada un dos clientes. Agradeceu expresamente ao concello de Fene que envíe todos os días a unha persoa a desinfectar a beirarrúa e todo o entorno da farmacia.

Sociedade

Publica o teu comentario agora