Tomar as rendas

Tomar as rendas
20 de Maio, 2020 - 10:05 h. | Publicada por Radio Fene

Poucos establecementos de hostelaría decidiron explotar as terrazas en Fene, despois da entrada de Galicia na fase 1 da desescalada. Na zona urbana, Friends foi un deles.

ESCOITA O PODCAST:

Brais Cupeiro é quen rexenta unha das poucas terrazas abertas en Fene desde a semana pasada, cando o goberno permitiu a súa apertura no comenzo da fase 1 da desescalada en Galicia. “Había que tomar as rendas do novo futuro” responde Brais á pregunta de se lle custou moito tomar a decisión porque xa se sabe que a rendabilidade do negocio nestas condición pode non dar as contas. Aínda así a cervexería Friends, no edifico Os soportais do cruce de Fene puxose en marcha despois do ERTE ao que se viron obrigados co peche do establecemento durante os dous últimos meses. O resultado de momento é, segundo Brais Cupeiro, que “a xente respondeu moi ben porque tiña gañas de sair á rúa e tomar algo”. O bo tempo aliouse e axudou a encher as localidades dispoñibles.

Friends complementa a explotación da terraza co servicio de comidas por encarga que os clientes deben recoller no propio local. Como exemplo o menú que se ofrece hoxe: ensaladilla ou paella de primeiro, raxo en salsa ou chocos de segudo. O prezo é de 8 euros. Afirma o propietario deste establecemento que, se o próximo luns pasamos á fase 2, será moi ben recibido. Para iso está adaptando o interior do local ás novas condicións, reordenando o espacio o mesmo que se fixo no exterior onde as mesas separáronse dous metros unha de outra. Friends puxo a disposición dos clientes, non só o xel hodroalcólico e toalliñas hixiénicas, senón tamén mascarillas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora