Tomates ecolóxicos e saudabeis

Tomates ecolóxicos e saudabeis
24 de Xuño, 2019 - 12:54 h. | Publicada por Radio Fene

Os primeiros tomates e pementos ecolóxicos do Puntal da tempada saen á venda esta semana. No antigo bar Viravolta no Sartego en Neda, transformado agora en planta envasadora, preparaban esta mañá cestas con acelgas e cebolas. Son produtos de Agronúquel, agricultura ecolóxica, cultivados na horta de Bárbara Rivera.  Pódense adquirir directamente na firma ou na Ecotenda da rúa Venezuela de Ferrol. Algúns supermercados de Gadis tamén ofrecen estes produtos saudables e con sabor á natureza.

ESCOITA O PODCAST:
Bárbara Rivera, cos produtos de Agronúquel

Compromiso co entorno

Agronúquel -exemplo de compromiso co entorno- asinou un convenio de colaboración con Aspaneps (Asociación de Pais e Nais de Nenos con problemas psicosociais) . A empresa facilitalle plantel con trazabilidade para os seus cultivos ao pé da igrexa de Perlío. Eles súrtenlle de chapas, libretas e camisolas serigrafiadas. Todo o mundo gaña coa colaboración.

Ten uns invernadeiros de 2.200 metros cadrados. Ademáis unha hectárea ao ar libre, certificada polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. Agronúquel (agronuquel@gmail.com) é a marca de Bárbara Rivera, todo unha aposta polo desenvolvemento local sostible. Cultiva en invernadeiros e ao ar libre na Costa da Silva no Puntal en Neda.

Sociedade

Publica o teu comentario agora