Toni Zenet regresa a Ferrol con Todas las calles

Toni Zenet regresa a Ferrol con Todas las calles

01 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Toni Zenet e a sua banda inauguran este sabado a nova tempada escénica de outono no Teatro Jofre. O artista malagueño regresa a Ferrol para presentar o seu novo traballo “Todas las calles”
As entradas podense adquirir de maneira anticipada no despacho do Jofre ou por internet.

O artista malagueño Toni Zenet abrirá este sábado, día 3 de setembro, a nova tempada escénica de outono programada polo edil delegado de Cultura, Manuel Reyes García Hurtado. Zenet presentará no teatro Jofre o seu novo traballo discográfico “Todas las calles”. O concerto comezará ás 20:30 horas e as entradas, a un prezo de 10 euros, podense adquirir de maneira anticipada nos despachos do teatro ou por internet.

O cantante regresa ao Jofre, onde xa actuou en 2010 para dar á coñecer ao público ferrolán o seu primeiro disco, “Los mares de China”, que tivo unha boa acollida entre crítica e espectadores. Agora na súa nova proposta recolle un estilo que mistura a bossa, o tango, os sons cubanos, o jazz e a copla.A finais de 2010 chegou o traballo "Todas las calles", un CD con dez "filmes sonoros" nos que o protagonista –un truhán moi parecido a Toni Zenet– coquetea, ama e sufre polos rincóns dunha cidade que ten tanto de Madrid como da sua Málaga natal, París, Bos Aires, Nova York, La Habana o Río de Janeiro... segundo os ventos o leven a un ou outro lado.

Acompañarán a Toni Zenet os músicos da súa banda, algúns dos máis destacados da escena de jazz española, como o guitarrista José Taboada, o trompetista Manuel Machado ou o pianista Pepe Rivero.

Sociedade