Torrente Ballester e Ferrol

Torrente Ballester e Ferrol

12 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O profesor Jose Antonio Ponte Far analiza a influencia de Ferrol na obra de Torrente Ballester. A revista Galegos inclue esa analise no seu último número.

Ponte Far explica na súa reportaxe que os anos que Torrente residiu na cidade naval foron trascendentais na súa vida. De aí a gran cantidade de elementos ferroláns que se dan cita na súa obra: as referencias ao mar, os barcos e o porto de Ferrol; o teatro Jofre, que tanta importancia tivo na súa infancia; o Casino ou a Marina, coa constante presenza dos seus uniformes polas rúas da cidade.

Así mesmo, alusións a algúns personaxes coñecidos da urbe, presentes na memoria colectiva, danse cita, na súa narrativa: a malograda Hildegart e a súa nai, Aurora Rodríguez; Gravina, Churruca, o tío Galán, a Compañía de Sopiñas.
 
Outro dos puntos nos que se percibe a influencia da cidade naval na súa obra é nesa forma de facer coexistir o real co fantástico. Un novo achegamento á obra de Torrente Ballester da mán de Jose Antonio Ponte Far na revista trimestral Galegos, publicada por Editorial Ezaro.

Sociedade