Torrente, escoita, Pontedeume está de loita

Torrente, escoita, Pontedeume está de loita

19 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Faremos e chegaremos onde faga falta para que Pontedeume non morra” declarou esta mañá a presidenta da Unión de Comerciantes da vila eumesa (UCOA), María Xesús Grandal. Comerciantes, hostaleiros e veciños en xeral concentráronse diante  da casa do concello para reclamar zonas de estacionamento na vila. Con pancartas pedindo aparcadoiros máis dun cento de persoas tras permanecer un tempo fronte á casa consistorial encarár

Ao berro de “Torrente escoita Pontedeume está de loita” os comerciantes eumeses manifestáronse esta mañá desde a Rúa Real ata a Avenida Ricardo Sánchez. Durante unha hora, de once a doce da mañá, os comercios e establecementos permaneceron pechados para sumarse a esta protesta. Ao son das sireas reclamaban ao Concello unha saída á carencia de aparcamentos que padece na actualidade Pontedeume. No edificio de Foremdes onde se atopa temporalmente, por obras, o concello, entregaron arredor de 2000 asinaturas en apoio das súas demandas e un prego de condicións. Segundo Grandal, a falla de estacionamento é un problema para os comerciantes e para toda á economía da vila. No verán a poboación triplícase e precísase de prazas de aparcadoiro. O ano pasado unha das medidas para solventar a situación, foi o uso do campo do fútbol do instituto pero durante no curso escolar non se pode utilizar. As obras do peirao impiden o estacionamento e ao seu remate só quedará unha fila de 200 prazas para vehículos. A solución máis viable sería a creación dun aparcadoiro subterráneo no parque Sarmiento, segundo explicou para Radiofusión, María Xesús Grandal.

Barallouse hai tempo a posibilidade de construir un aparcadoiro subterráneo na zona do mercado municipal. Pero ahí se cre que poden existir restos arqueolóxicos por ser a zona na que se ubicaba o Pazo dos Andrade. A concentración desta mañá é a primeira das accións dos comerciantes da vila eumesa. Non pararán ata obter unha resposta e para iso anuncian medidas de protesta máis contundentes.  

Sociedade