As torres do Gaiás tínguense de lila

As torres do Gaiás tínguense de lila

22 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A Consellería de Cultura e Educación súmase o domingo ao Día contra a Violencia de Xénero, tinguindo de cor lila as Torres Hejduk do Gaiás. As Torres Hejduk permanecerán iluminadas a noite do domingo ao luns, 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Con este xesto simbólico, querese amosar o rexeitamento a unha lacra social, que este ano xa se cobrou a vida de 48 mulleres e 6 menores no estado español, e c

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia a través do acordo de patrocinio alcanzado coa empresa eléctrica Iberdrola para a iluminación das Hejduk, tinguirá de lila a torre de cristal. Dotada dunha iluminación LED cunha ampla combinación de cores, a intervención acumula unha potencia de sete quilowatts repartida en varias liñas de alta capacidade.

O deseño da iluminación permite realizar unha gran gama de combinacións cromáticas, que poden verse desde distintos puntos de Santiago de Compostela, e que xa lle permitiu á Cidade da Cultura sumarse a outras convocatorias como a do Día Internacional contra o cancro de mama, cando as Hejduk se tornaron rosas.

As Torres Hejduk da Cidade da Cultura volverán lilas –cor que identifica a loita contra a violencia de xénero- a noite do domingo ao luns, 25 de novembro, xornada na que se conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Sociedade