A Torta de Santiago recoñecida co selo de calidade

A Torta de Santiago recoñecida co selo de calidade

02 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Améndoa, ovo, azucre e o sabor tradicional que lle poña cadaquén (limón, canela ou licor).  Mesturando estes ingredientes faise una rica torta de Santiago. O segredo da mesma reside en non botarlle fariñas, féculas nin margarinas para conseguir que o sabor non se altere. Para recoñecer cando estamos ante a auténtica torta compostelá agora xa conta co selo de calidade, un identificativo co que non nos poden dar “gato por lebre”.

Tras un longo proceso o Consello Regulador da Torta de Santiago acadou o seu obxectivo: un selo de calidade para distinguir un postre que representa non só a Compostela senón a toda Galicia. Explicouno así en Radiofusión o vogal do consello, Orlando Vázquez, quen engadiu que xa non agardaban esta autorización pola tardanza da mesma.

“Véndense moitos tortas máis non todas son auténticas, hai que rexirse polo acordado . Un 33% de améndoa, un 33% de azucre e un 25 % de ovo”, explicou Vázquez. Unhas poden saír máis esponxosas que outras pero estas cantidades non se poden alterar, engadiu. Fóra féculas, fariñas e margarinas.

Todas as tortas que levaban ata o momento a cruz de Santiago decorado con azucre glas se chamaban Tortas de Santiago. Isto é erróneo, salienta Vázquez. Os turistas, pelegríns, e o resto de compradores teñen que esixir a calidade do produto e para iso a partir dagora, contarase co selo distintivo.

O Consello Regulador traballa nestes momentos para definir as etiquetas (deseñalas, imprimilas para logo poñelas á circulación). Entón o comprador terá a última palabra para pedir sempre a verdadeira torta compostelá. 

Sociedade