Tosta Strogonoff

A salsa que leva a tapa do Son de Cociña dá nome ao petisco
15 de Novembro, 2019 - 11:48 h. | Publicada por Radio Fene

No Son de Cociña agardan que esta fín de semana a xente se anime a probar a súa tapa tanto como o fixo a pasada.

ESCOITA O PODCAST:

Tosta Strogonoff. Así de exóticos se puxeron no Son de Cociña á hora de propoñer unha tapa no Certame de Tapas de Fene de 2019. Unha tosta ben completa que leva arroz, queixo, solombo e a salsa que lle da o nome á tapa. Aínda que non o parece, afirma Mónica Cociña que a tapa é fácil de facer, a máis sinxela das que leva feito para este concurso. Contentos están tamén no Son de Cociña coa cantidade de xente que se achegou ao bar a pasada fin de semana.

Sociedade

Publica o teu comentario agora