Toxos e Cántigas, dous coros veteráns, na Xuntanza de Fene

Toxos e Cántigas, dous coros veteráns, na Xuntanza de Fene

30 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Real Coro Toxos e Froles de Ferrol e Cántigas da Terra da Coruña, actuan este sabado en Fene, como homenaxeado e convidado respectivamente, na XXII Xuntanza de Gaiteiros organizada pola Banda Airiños de Fene. Todo un alarde musical de veteranía e bon facer, non en van o Toxos nacía hai 95 anos e un despois nacía a entidade coruñesa.

O secretario e presidente destas entidades visitaron esta mañán Radio Fene. O secretario do Toxos, Roberto Rodríguez, declarabase orgulloso da homenaxe de Airiños de Fene que lles ben moi ben, despois de momentos complicados e unha difícil situación económica, da que sairon adiante, co apoio de moita xente.

O presidente de Cántigas da Terra, Xosé Carlos Ponte, declaraba en Radio Fene esta mañán que se suman encantados á homenaxe ao Toxos e Froles, aos que consideran como irmáns. O sabado en Fene amosaránnos un espectáculo resumo da sua traxectoria musical, no que incorporan todas as seccións da entidade, o coro, as zanfoñas e as gaitas. A cita será este sabado na Sociedade Agarimo de Sillobre a partir das 8 da tarde.Pecharase coa actuación dos anfitrións, a Banda Airiños de Fene.

Sociedade