Traballadora morre na planta de Sogama

Traballadora morre na planta de Sogama

27 de Febreiro, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Cerceda
Unha traballadora da planta de Sogama en Cerceda faleceu hoxe tras quedar atrapada na máquina na que realizaba un traballo, informou o servizo de urxencias 112. O suceso ocorreu sobre as 12:40 de hoxe. Persoal sanitario foi o encargado de alertar ao 112 do suceso.
O servizo de urxencias alertó aos bombeiros de Ordes, á Garda Civil e a Protección Civil. Con todo, os bombeiros non chegaron a intervir ao confirmar Urxencias Médicas que a persoa estaba liberada e falecida.
A traballadora pertencía á empresa Valtalia, subcontrata de Sogama. Segundo as primeiras hipóteses, traballaba no proceso de selección de residuos. Á espera do resultado dunha investigación definitiva, todo apunta a que H.R.B., nacida no ano 1962, e veciña de Queixas (Cerceda) atopábase nunha cinta transportadora de recolleita de lixo genérica cando a máquina colleuna pola man, atrapouna e arrastrouna ata o interior do mecanismo.
Sociedade