A traballadora social do Centro Social de Fene é imprescindible para os usuarios.

A traballadora social do Centro Social de Fene é imprescindible para os usuarios.

06 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os usuarios do Centro Social de Fene encetan unha nova batalla para conseguir que se quede no centro a traballadora social cuxa praza está ameazada. Representantes do Centro da Torre son coñecedores, a través dos sindicatos que a no listado de persoal da Xunta de Galicia, desaparece a praza da traballadora social que para eles é unha figura imprescindible.

O centro social de Fene empezou a funcionar cunha plantilla de 8 persoas e hoxe ten tres e media por iso non van ceder neste novo recorte. Amais de cumplir coas suas funcións, a traballadora social atende outras sustitucións cando está de baixa o director ou mesmo a monitora do taller de memoria, segundo conta Francisco Permuy, un dos representantes dos usuarios na Comisión Xestora.

Por iso, mañán convocaron asamblea de usuarios ás 5,30 da tarde, para presentarlles unha acción que porán en marcha mañán mesmo, a realización dun peche ininterrumpido, dia e noite no centro. Para atraer ao maior número de xente posible, o peche aderezarase con bailes, partidas, karaoke bingo. Pola noite pretenden que se vaian turnando gardas de tres persoas.

Agardan no centro social que os representantes políticos do concello lles presten o seu apoio.  A anterior batalla gañáronna, a da cociña que xa está rematada e licitada a sua xestión. O dia 14 de marzo reunirase a Mesa para outorgar a concesión do servicio.  Agora agardan gañar esta nova batalla, a de conservar a praza da traballadora social do centro.

Sociedade