Traballadores de Rialsa movilízanse en Ferrol

Traballadores de Rialsa movilízanse en Ferrol

18 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os traballadores da empresa RIALSA (grupo MONBUS), concentraranse a partir de hoxe todolos días dende a unha e media a duas, na porta do centro de traballo na estrada de Catabois, 519 Ferrol, en repulsa polo despedimento dun compañeiro e reivindicando unhas condicións de traballo dignas. Inciden sobre todo na supresión de servicios de mais de 12 horas porque van contra a normativa vixente, segundo a representante sindical de CCOO, Avelina Riveira

Os 18 traballadores afectados, reclaman ademais:

Revisión do servicio do PAC
Racionalización de horarios (respetar a hora de comer)
Regularización de vacacións con respecto a outros centros de traballo da empresa.

Este mediodía comezaron as concentracións ás portas da empresa en Catabois e dentro de 15 días iniciarán paros parciais todolos luns. Avelina Riveira apelou ao sentido común da empresa ao referirse ás movilizacións.

Sociedade