Traballar a forza

Traballar a forza
27 de Novembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“Todas as persoas necesitamos forza, é interesante traballala para todos”. Nenos, mozos e tamén persoas maiores maiores. Independentemente da nosa idade, subliñou o psicólogo e adestrador físico José Barcia en Radio Fene

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xarda

“Con todos os grupos de idade, adaptándoo ás posibilidades funcionais que cada un temos en cada momento da vida”, aclarou. “Non quere dicir que nenos e nenas pequenos vaian ao ximnasio”. Abonda con déixaos xogar para que preparen o seu organismo. “Se xogan nun parque están traballando a forza”. Distinto é o caso de preadolescentes. “Primeiro hai que atender á corrección postural”, advertiu Barcia. “Coidado con pasarse co peso porque un corpo que non está maduro podémolo danar”. Por iso, “hai consensos internacionais sobre como traballar a forza en cada grupo de idade”

 

Na imaxe, programa de radio en directo desde o colexio de Moeche. Onda Ods. Empeza por ti

Sociedade

Publica o teu comentario agora