Traballo e renovación para o Naval

Traballo e renovación para o Naval
25 de Febreiro, 2020 - 09:56 h. | Publicada por Radio Fene

Quedan so 118 operarios neste momento en Navantia Fene, despois das últimas prexubilacións. A situación mellorará daquí ao 2022 coa recuperación do 75% das baixas.

ESCOITA O PODCAST:

Os estaleiros da ría teñen duas chatas importantes, carga de traballo e xente nova. Esta última semella que se vai corrixir, cando menos parcilamente, pero o traballo faise de rogar. Hoxe falamos da situación actual de Navantia Fene coa persoa que está á frente do plantel dos operarios e que por primeira vez é unha muller.

Adela López é presidenta do comité de empresa de Navantia Fene desde as últimas eleccións celebradas no estaleiro de Fene o pasado mes de abril, sustituíndo a Jorge Prieto. Militante de CCOO, exercía o seu traballo como traductora na secretaría da eólica mariña, pero desde xullo adícase por enteiro ao traballo sindical.

Adela fálanos dos dous males da empresa, a falla de traballo, aínda que Fene ten de momento carga na eólica mariña e jakets para fabricar. Pero tamén queren ver as gradas ocupadas. O outro mal é a falla de persoal e o avellentamento do plantel. Quedan so 118 operarios neste momento na empresa, despois das últimas prexubilacións. Así que a incorporación de xovenes é crucial para o futuro de Navantia Fene. Adela afirma que daquí ao 2022 existe o compromiso de recuperar o 75% do persoal que marche.

Segundo a presidenta do comité de Navantia Fene, o que ten que pasar é que o goberno central libere os orzamentos para a construcción das fragatas porque Navantia Ferrol xa acaba os contratos con Australia e non pode esperar dous anos polo novo encargo. Daí as mobilizacións que comenzaron a semana pasada baixo o lema “Os xoves do Naval”.

( Adela López, nunha imaxe de CCOO).

Sociedade

Publica o teu comentario agora