A tradición e o entretemento xúntanse na I edición da Xotramu en Muimenta

A tradición e o entretemento xúntanse na I edición da Xotramu en Muimenta

28 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Muimenta (Concello de Cospeito) volverá a revivir o entretemento do pasado. Pequenos e adultos voltarán a xogar aos birlos, á chave, ás bolas, ao guante ou facer unha carreira de sacos. A I Festa de Xogos Tradicionais de Muimenta, “Xotramu”, organizada pola Asociación Aquilino Iglesia Alvariño, que comeza o domingo ás 10.30 horas, achegará aos visitantes 60 xogos tradicionais para coñecer e pasar unha boa xornada de entreteme

O recinto feiral da vila chairega dividirase en 24 campos onde se disputarán diferentes torneos. Así, clubs de xogos tradicionais vidos das diferentes provincias galegas, de Asturias, e mesmo de Portugal, amosarán a súa destreza na billarda, na chave, dentro das súas modalidades de en liña e ao canteiro; nos birlos, tanto en birlos celtas como en liña e ao canteiro; en A Patela (xogo tradicional portugués); arrebolamento de sacho; bólas; peóns; xogos de rapaces, como a bruxa piruxa, carreira de pinguíns, a pomba e o pano de guante; a rá; tiro con arco; lanzamento de boinas; o ferrón; zancos; xogos de pesca; a zoca; o trinco; ou a carreira de sacos.

 

Exposicións

Pero Xotramu será algo mais que xogos. Haberá tamén exposicións e obradoiros sobre instrumentos de música tradicionais. Entre as mostras que poderán observar os visitantes destaca a exposición organizada por Xosé López e Xosé M. García de xoguetes esquecidos “primavera-verán” e “outono-inverno”; mentres que os que queiran aprender cousas novas sobre esta parte fundamental da cultura popular galega, poderano facer no de instrumentos musicais de Pablo Carpintero ou no de birlos, billardas, etc., por Paco García Carreira.

Cultura