A traiñeira Rías Baixas revalida título nunha final de infarto

A traiñeira Rías Baixas revalida título nunha final de infarto

15 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O remo femenino galego está no máis alto. A traiñeira da S.D. Rías Baixas acadou a victoria na II Bandera de la Concha en San Sebastián. Un triunfo que supón o broche de ouro a unha temporada e a un traballo ben feito por un conxunto que nacía hai pouco tempo como resultado da unión de Chapela, Cabo de Cruz e Samertolaméu. Nunha final igualadísima e de infarto as galegas revalidan título en Donosti, na que se pode considerar a olim

As remeiras das Rías Baixas confiaban en repetir éxito na Concha se as condicións do mar eran favorables, declarou esta mañá en Radiofusión un dos adestradores do equipo, Benigno Silva. Logo dunha desputadísima e tensa final obtiveron onte o título que recompensa o enorme esforzo e traballo que hai detrás desta victoria.

O equipo comezou  a adestrar en Meira catro días á semana. Despóis foron a mar aberto, a Aldán durante todo o mes de agosto e setembro para prepararse para a proba. Unha decisión acertada, subliñou Silva.

A formación do conxunto  xurdiu o ano pasado cando a organización de la Concha lles propuso participar nunca regata de traiñeiras. Entón, ás oito que estaban no Cabo de Cruz sumáronse as de Chapela e o Meira para formar un equipo competitivo.

Silva, amosou a súa satisfacción pola creación da Liga Feminina da ACT. “ Un recoñecemento á igualdade e unha aposta pola continuidade”. A participación feminina no mundo no remo tamén conta cos seus detractores aos que resposta unha das componentes do equipo galego, Lucía Filgueira quen sinala que os homes tamén tiñeron dificultades para controlar as embarcacións na competición vasca. “Só se diferencian na forza”, engade Filgueira.

O remo femenino va por bó camiño. Co tempo, o proxecto, o equipo e as ligas vanse consolidando. O máis importante para Benigno Silva, é que o remo femenino sexa creíble. Con credibilidade racharánse os tópicos de considerar o remo só como un deporte masculino.

Deportes