Tralos pasos do “camiño do sol”

Tralos pasos do “camiño do sol”

28 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“A observación da traxectoria do sol ao longo do día xerou nos europeos, dende o neolítico, a idea de que exisía a posibilidade de resucitar se se seguía o camiño do sol”, asegura o decano do Instituto Galego de Estudos Célticos,  Andrés Pena. O arqueólogo afirma que todas as culturas europeas idearon ao longo da historia unha serie de “mitos do sol” a partires da crenza de que, ao chegar a noite, o astro rei se met&

É precisamente desta lenda de onde xorde o “camiño primitivo” ou “camiño do sol”, unha rota que comezaba no norte de Italia e que transcorría logo polo sur de Francia e por todo o norte costeiro da Península Ibérica, ata chegar a San Andrés de Teixido. Andrés Pena asegura ter documentado a existencia deste camiño (polo que transitaron os gregos, os xermanos e os celtas), a partires de escritos do propio Aristóteles nos que se fala do “camiño de Hércules”.

Defensor da recuperación do camiño primitivo, o decano do Instituto Galego de Estudos Célticos -que esta semana participa no congreso “O Camiño Esquecido” que se celebra en Ferrol- afirma que “a súa posta en valor sería fundamental e suporía un grande revulsivo para os concellos e comarcas polos que transcorre”.

Sociedade