Tras catorce anos, recupéranse as festas de San Marco

Tras catorce anos, recupéranse as festas de San Marco
24 de Abril, 2019 - 11:03 h. | Publicada por Radio Fene

San Marco levaba catorce anos sen festas. A xuventude púxose mans á obra e decidiu organizar os festexos. Percorreron as oitenta casas de San Marco, do Belelle, a Ribeira, Marraxón, Os Xicos e a colaboración cidadán foi espectacular. Tamén pediron e recibiron respaldo no conxunto da parroquia de Sillobre. O sábado e o domingo cortarán a estrada a Lavandeira no lugar de San Marco.

ESCOITA O PODCAST:

A comisión organizadora dos festexos de San Marco convida a toda a cidadanía de Fene a participar

http://173.255.131.18/audio/240419MARCO.mp3

Carolina Varela e Alberto Anca, da comisión de festas de San Marco

Unha fotografía coa feira de 1927 preside o cartaz anunciador dos festexos. O mesmo dia de San Marcos, xoves 25 de abril celebrarase á unha do mediodia unha misa solemne na capela deste lugar da parroquia de Sillobre. Sábado 27 haberá sesión vermú coa orquestra Essencia. Pola noite a gran verbena contará coa orquestra Essencia e co grupo Atenas. O domingo 28 de abril volverá a haber misa solemne á unha do mediodia e unha sesión vermú longa, arrufada pola orquestra Versalles. Alberto Anca, da comisión organizadora convidou a toda a cidadanía de Fene a participar nos festexos..

A capela de San Marco, reedificouse na súa totalidade en 1926 pero o edificio orixinario debía proceder da Edade Media. Xa en 1750 no Catastro de Ensenada, falábase do marco que está no coro da capela de San Marco, dalí ia o límite da parroquia ás Modias, dalí á pica vella, pola pica parda, facendo referencia ao lugar coñecido na actualidade como As Picas en Magalofes.. .

Sociedade

Publica o teu comentario agora