Trato familiar e atención persoalizada

O Centro de día Xuntanza abríu as portas en setembro
02 de Novembro, 2020 - 01:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un novo centro de día abría as súas portas en Fene no pasado mes de setembro. Ao frente está Victoria Deibe, con anos de experiencia no sector. O centro ten usuarios de Fene e de concellos da contorna.

ESCOITA O PODCAST:

Hai so dous meses que abría as súas portas un novo centro de día, na avenida do Tarrío en Fene. O proxecto estaba listo para o mes de febreiro deste fatídico ano. Por suposto quedou conxelado mentres durou o confinamento e todo o que rodeou a crise sanitaria que mantivo pechados os centros de día. Así foi que Victoria Deibe puido por fín abrir o seu centro no mes de setembro. Cunha ampla experiencia profesional na axuda a domicilio, Deibe embacouse nesta aventura con dúas traballadoras mais e un amplo local de 300 mts cadrados, dotado de todas as comodidades e medidas hixiénicas que inclúen un moderno sistema de renovación do aire, entre outras medidas.

As terápias que se imparten no centro Xuntanza están personalizadas porque cada usuario padece unha patoloxía distinta a outros. Téñense en conta tamén as capacidades e gustos dos usuarios á hora de programalas. Entre esas terápias está a ximnasia, a musica ou a psicomotricidade fina. Deibe é consciente de que a sociedade mudou e que a atención aos maiores dependentes non pode ser a de hai corenta anos. Hoxe os membros da familia traballan e ademais non é o mesmo ter aos maiores na casa sentados, sen facer nada, que poñelos nas mans de profesionais que van procurarlles actividades. O centro Xuntanza dispón de transporte e servizo a domicilio para os seus clientes. O contacto pode facerse a través da súa páxina web xuntanza.es. Aí está todo o que necesitan saber.

Sociedade

Publica o teu comentario agora