Traxes de baño e nobelos de lá de Costuras

Traxes de baño e nobelos de lá de Costuras
26 de Agosto, 2020 - 01:17 h. | Publicada por Radio Fene

O Outlet de Fene comeza este venres. Participarán practicamente a totalidade de comercios de roupa, moda e calzado de Fene. Desenvolverase ao longo de toda a fin de semana, rematando o domingo ás dúas da tarde.

 

ESCOITA O PODCAST:
Sandra Montero en Costuras

Costuras, no número 16 da rúa da Fraga, tamén se suma ao Outlet. Haberá descontos en baño de ata un 50% e tamén en nobelos de lá, indica Sandra Montero. Sempre participan no Outlet, pero este ano con máis motivo, xa que sortearanse ata 3400€ en vales para os clientes. Un agradecemento pola resposta da xente despois do confinamento.

Sociedade

Publica o teu comentario agora