Tres dias en solitario polo Camiño Inglés

Tres dias en solitario polo Camiño Inglés

17 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Todo un record conqueríu o concelleiro do PP de Fene, Juan José Franco, na primeira experiencia en solitario a través do Camiño Inglés a Compostela. Saíu o venres de Neda e o domingo xa estaba na catedral de Santiago, 110 km en tres etapas, ou o que é o mesmo, 30, 30 e 50 km cada xornada. Era a primeira vez que Juan José Franco encaraba o camiño en serio e en solitario, por moitas razóns, segundo desvela. A primeira delas, para descone

A paisaxe dos tramos de Leiro e de Bruma son para el os máis fermosos do tramo realizado neste Camiño inglés que empeza a despuntar neste Ano Xacobeo. Como é normal topou con algún traspés: camiñar ás 6 da mañán , sendo noite, ás apalpadas, con medo a perderse ou as chagas nos pés por utilizar o primeiro dia uns deportivos novos. Déixanos unha boa recomendación culinaria: xantar o polbo con cereixas en Casa Julia, na zona de Leiro (Miño)

O máis arriscado foi a decisión de facer dunha vez o ultimo tramo do camiño, 50Km, de Bruma a Santiago. Nos últimos metros, recoñece, daba mágoa velo tirar das pernas que non obedecían. Pero, confesa, valeu a pena a chegada a Santiago, porque despois de camiñar, despois do esforzo, a cidade vese doutra maneira.

Sociedade