Trescentos nenos de Fene disfrutan cos relevos e o vallado….

Trescentos nenos de Fene disfrutan cos relevos e o vallado….

24 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O ruxe-ruxe de fondo tiña moitos decibelios e os monitores tiñan que esforzarse, a berros, para por algo de orde. 300 nenos sen calar son moitos nenos e o ambiente era “escandalosamente” infantil. Ao final, como todos os anos, disfrutaron durante tres horas de xogos arredor do atletismo. Os monitores non colleron marcas, nin tempos…non houbo medallas nin podiums…Todos participaron e todos gañaron ou perderon.

O pavillón de A Xunqueira enchouse esta mañá de camisolas vermellas e brancas das nenas/os dos colexios Centieiras de Perlío e de A Xunqueira de San Valentin en Fene (A Coruña). Os alumnos da Xunqueira desprazáronse andando dende o propio colexio, que se atopa ao carón do polideportivo. Pola súa banda os rapaces de Centieiras viaxaron en autobuses dende a avenida do Tarrío. No pavillón esperaban os monitores do Concello dirixidos pola técnico do deportes Mercedes Justo e coa concelleira de deportes Carmen Silvar. Julio, Marcelo e José axudados polos mestres de educación fisica dos dous colexios e por Mercedes Justo intentaron facer disfrutar a todos estes nenos. Moitos deles co seu único contacto anual co atletismo. Os relevos, o vallado e os lanzamentos de xabalina, velocidade, etc….foron as probas máis concurridas. A unha da tarde rematará a sesión e o ruxe-ruxe de fondo dará paso ao silencio das pisadas das zapatillas na madeira do parqué.

Deportes