A Tribo das Flores, unha liga de Amigos

Petiscos mariñeiros e voces cercanas ás praias de Limodre. Todo xunto este sabado na Liga de Amigos de Barallobre
20 de Febreiro, 2019 - 11:21 h. | Publicada por Radio Fene

Roger de Flor, con outros musicos amigos e amigas, protagonizan o sabado 24 de febreiro a presentación da VI Festa Mariñeira a celebrar a finais do verán no peirao de Barallobre (Fene)

A Tribo das Flores actúa este sábado en Barallobre. Participará na presentación da Festa Mariñeira, nun acto que acollerá a Liga de Amigos. Serviránse tapas de produtos do mar. A actuación de Roger de Flor, Nico Vidal, Amparo Arias e Sergio Galego (A Tribo das flores) comezará ás sete da tarde deste sábado vintecatro. A Tribo das flores son unha tribo de amigos "residentes en Limodre" que teñen a música como unha maneira de entender a vida. Uns dun xeito máis profesional, como é o caso de Roger de Flor e outros semi profesional porque teñen outras profesións amais de cantar ou tocar outros instrumentos. O xornalista Nico Vidal, sempre ligados ao Felipop, atrévese co acordeón para acompañar ocasionalmente a Roger. Sergio Galego ( Sanidade) é o inseparable percusionista. Silvia Fralleoni, "unha promesa da canción italiana" en palabras de Roger de Flor co que actuou o ano pasado no Felicia Pop. A limodresa Amparo Arias é profesora pero tamén gosta da música pop, flok, da psicodelia... e mesmo editou o disco "Todo lo que no pasó" ilustrado con cadros de Leandro Lamas.

Institucional

Publica o teu comentario agora