Trigo pode recuperar a alcaldía

O BNG gaña en Perlío e San Valentín e o PP no resto das parroquias.
27 de Maio, 2019 - 09:21 h. | Publicada por Radio Fene

Un empate técnico do PP e BNG, cunha diferencia de 71 en favor dos populares, deixa aberta unha incógnita en Fene.

ESCOITA O PODCAST:
eLECCIONSMUNICIPAIS2019FENE

Seis ediles para o PP, seis para o BNG, 4 para o PSOE e 1 para Esquerda Unida. Ese foi o resultado das eleccións municipais en Fene. Cun acordo entre o BNG e o PSOE, Juventino Trigo recuperaría a alcaldía. Se os socialistas se absteñen no pleno de constitución da Corporación fixado para o sábado quince de xuño, manteráse no sillón de mando Gumersindo Galego, do Partido Popular. Onte o PP obtivo 2304 votos, por 2233 do BNG. O PSOE logrou o apoio de 1596 veciños, por 445 de Esquerda Unida. Compromiso por Galicia conseguiu 125 papeletas.

Por parroquias, o BNG gaña en San Valentín e Perlío, mentres que o PP é a lista máis votada nas restantes parroquias. Nada máis coñecerse os resultados, Radio Fene puxose en contacto cos candidatos e candidatas para coñecer as primeiras impresións.

Escoitamos aos candidatos á alcaldía das catro forzas que se fixeron con representación na nova corporación municipal, a Gumersindo Galego, Juventino Trigo, Mar Piñeiro e MC Martínez.

Despois da xornada electoral, a nova corporación de Fene, a falta se saber quen gobernará, queda da seguinte maneira: Do PP: Gumersindo Galego, Rocío Bértoa, Tamara Miragaya, Andrés Serantes, Juana Barro e Juan José Franco. Do BNG: Juventino Trigo, Alejandra Permuy, Manuel Polo, Cristina García, Justo Martínez e María de los Ángeles Coira. Do PSOE: María del Mar Piñeiro, Antón Noceda, Marta Pereiro e Ana Basoa. De EU: Mª Carmen Martínez.

Institucional

Publica o teu comentario agora