Trinta anos dando guerra

Trinta anos dando guerra
23 de Agosto, 2019 - 08:26 h. | Publicada por Radio Fene

Trinta anos dando guerra. O grupo de pandeireiras por excelencia de Galicia actuará esta fin de semana no Pote de Maniños en Fene. Falamos de Leilía.

Felisa Segade de Leilía

AETNA organiza un xantar popular para este domingo en Maniños coincidindo coa romaría do Pote. Servirán lagostinos, empanada, callos, sobremesa, viño, café e chupito ao prezo de quince euros. A data límite para apuntarse é este venres. Máis información no teléfono 610 364551.
Leilía
Ana, Patricia, Merchi, Montse, Felisa e Rosario forman este grupo de música folk que combina voz e pandeireta nas súas actuacións. Formáronse no ano 1989 co obxectivo de recuperar as cancións tradicionais de todos os recunchos de Galicia. O seu primeiro disco foi todo un éxito de crítica e público.
Nos anos posteriores foron innovando. Incorporaron novos sons, letras tratando temas de actualidade e incluso colaboracións con artistas como Guadi Galego, Xosé Manuel Budiño ou Milladoiro.
Neste 2019, con cinco discos ás súas costas, están a celebrar os seus trinta anos en activo. Cantar Elas é o nome do espectáculo que traerán a Maniños. Tocarán este domingo a partir das dez da noite no Pote.

Cultura

Publica o teu comentario agora