Trinta anos de corporacións democráticas en Fene

Trinta anos de corporacións democráticas en Fene

21 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene organiza para o mércores desta semana un acto institucional con motivo do 30 aniversario da primeira Corporación democrática.

O acto, previsto para as 11 da mañá, comezará coa inauguración no Salón de Plenos dunha praca conmemorativa da xornada. A continuación celebrarase o acto institucional, un Pleno extraordinario, con intervencións do alcalde e voceiros da actual corporación municipal. Tamén falarán representantes dos distintos grupos políticos que formaron parte da primeira Corporación democrática de Fene, aos que se lles entregará a insignia de prata do Concello . O acto completarase coa actuación do grupo de metais Santa Cecilia, baixo a dirección de Miguel Brotóns.

Sociedade