Trinta anos sen Blanco Amor

Trinta anos sen Blanco Amor

01 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O "Círculo de Perlío" foi a única entidade que lle rendeu unha homenaxe en vida o escritor ourensán Eduardo Blanco Amor. Na súa presenza, o grupo de teatro da asociación puxo en escea aquel día “O cantar dos cantares”. O autor do célebre e maxistral libro “A Esmorga” non voltaría a ter ningun recoñecemento máis no resto dos seus días. Cando se cumpren 30 anos do seu pasamento e 50 da publ

Un dos máis significativos terá lugar no cemiterio de San Francisco de Ourense onde repousan os restos do autor. Alí vaise realizar unha ofrenda floral organizada polo concello  de Ourense e o PEN club de Galicia, asociación que leva anos traballando arreo para rescatar a figura de Blanco Amor do esquecemento e darlle o lugar que merecidamente lle corresponde na literatura universal.

O presidente do Pen Club de Galicia, Lois González Tosar, expoñía hoxe nos micrófonos de Radiofusión, as razóns polas que este escritor foi durante longo tempo unha figura “incómoda, controvertida e denostada” no seu tempo. Lembrou neste senso que Blanco Amor é “das poucas figuras literarias que non ten Padroados nin Fundacións, nen sequera a mesma consideración que outros escritores, sendo un autor fundamental.

O interés do Pen Club de Galicia diríxese precisamente a reivindicar a súa persoa e poñela como exemplo de “marxinación por motivos non literarios”, suliñou Lois González. Blanco Amor foi un autor incómodo tanto para os censores como as xentes que concebían a literatura dun xeito lírico. Os temas que o escritor ourensán puxo nos seus escritos non eran amables senón reflexo dunha realidade dura, algo que á sociedade da época incomodoulle sobremaneira.

Cultura