Trofeo Industriais e vacacións

O Perlío feminino sofrirá poucos cambios na nova temporada.
18 de Xuño, 2019 - 10:57 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío de fútbol 8 feminino ven de alzarse co Torneo de San Sadurniño e a piques estiveron de facerse co AFACO. O domingo xogan o Industriais de Perlío antes das vacacións.

ESCOITA O PODCAST:
PERLIO2019

Juanjo Lorenzo é técnico do Perlio feminino e Leticia Rey (Leti) a capitana deste equipo que ven de alzarse co Torneo celebrado en San Sadurniño e que ven completar unha temporada estupenda para este equipo que é máis unha familia que outra cousa. Tivemos aos dous con nos esta mañá falando da tempada que remata e das previsións da próxima.

A que acaba deixounas máis que satisfeitas porque foron cuartas na clasificación final da Liga cando é un equipo novo que ten so catro anos de vida. Con seguir mellorando xa estarán satisfeitas na tempada 2019-2010. O Perlío de futbol 8 non terá cambios sustanciais a próxima temporada a non ser que podería contar coa reincorporación de María, xogadora que estivo lesionada nada menos que duas tempadas; e o anunciado, aínda que non definitivo, abandono da porteira. Cris, autora de 15 goles esta tempada, deixa o equipo por incompatibilidade co seu traballo. Leti, a capitana, define o equipo como a súa "pequena familia".

Ao Perlío feminino quédalles o domingo a súa participación no Trofeo Industriais de Perlío, no que o seu club é o anfitrión. Despois virán as vacacións e o merecido descanso para volver con novos azos.

Deportes

Publica o teu comentario agora