A troita navega en Sobrado

A troita navega en Sobrado

15 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Def con Dos e Riff Raff actuarán en Sobrado dos Monxes o sábado 20 de agosto na primeira xornada da Feira da Troita. Xa o domingo serviráse unha degustación de troita á montañesa e polbo á feira. O peixe de río poderá tamén probarse nos establecementos de hostelería da localidade.

O interventor da Deputación da Coruña Juan Bautista Santos pronunciará o pregón festivo. Trópico de Grelos, Fania e Sabela arrufarán a foliada nocturna o domingo 21.

Sociedade